Actividades
Promoción do proxecto entre o alumnado
-
Expoñer o proxecto polas aulas do IES.
-
Charlas da D.X.T.
-
Obradoiro da bicicleta co colectivo ciclista da cidade.(Mobi-liza).
-
Restauración de bicicletas do IES para o seu préstamo entre os estudantes.
-
Obradoiro dos VMP, charlas da ACoUVMP (Asociación Coruñesa de Usuarios de VMP).
Estudo do impacto medioambiental
-
Elaboración de presentacións sobre a contaminación atmosférica así coma os efectos para a saúde.
-
Estudio experimental consistente en medir a polución de forma semicuantitativa: recoller mostras de aire e medir os contaminantes alí presentes como óxidos de nitróxeno, óxidos de azufre...
-
​Vídeo sobre os beneficios da actividade física.
-
Medicións de contaminación acústica no entorno do instituto e identificación dos gases procedentes dos motores de combustión dende un punto de vista cualitativo.
Recuperación de espazos
-
Construir no interior do IES unha zona axardinada con aparcadoiro de bicicletas/vmp.
-
Habilitar unha zona no interior do centro educativo como garaxe de VMP con enchufes para carga de balde.
​
Proposta de intervención urbanística
-
Propoñer a construción dun carril bici/vmp que una o carril xa existente coa nosa zona escolar.
-
Controlar a dobre fila e pacificación do tráfico.
-
Camiño escolar seguro.
-
Ampliación de beirarrúas e protección peonil con maceteiras.
-
Creación de prazas de aparcadoiros para motocicletas.
Interveción e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
-
Mercar e sortear unha bicicleta entre o alumnado que veña ó IES non vehículo non contaminante.
-
Divulgación web e en redes sociais do proxecto, así coma nas pantallas do centro.
-
Elaboración de cartelería.
-
Escaparate de mobilidade.
-
Análise e informe da Axenda 2030, exposición nas pantallas do centro.