top of page

A mobilidade sostible fronte a COVID-19

​

A contaminación é un serio problema de saúde pública, así o considera a OMS. É un axente causante de enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares, é un desencadeante de problemas respiratorios coma a asma, pneumonía e alerxias.

​

No IES Ramón Menéndez Pidal preocupámonos polo medio ambiente!!!

Nós somos EcoZalaeta!!!

 

É por iso que este curso participamos no programa do Plan Proxecta: 42.  Mobilidade sostible e segura, do Ministerio do Interior. Dirección Xeral de Tráfico.

 

O título que escollemos para este proxecto é "A mobilidade sostible fronte a COVID-19".

​

Por que escollemos este título? Este novo curso 2021/2022 é outro ano especial no que volveremos a ter moitas dificultades por mor da pandemia mundial da COVID-19, no que as autoridades sanitarias recomendan o uso de máscaras e distancia social. O uso da mobilidade sostible e sobre todo dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) poden resultar de gran utilidade, por unha banda, para reducir a contaminación atmosférica e acústica, pero tamén para manter a distancia social e evitar ser vector de contaxio do coronavirus.

​

Que queremos fomentar? O uso dos vehículos de mobilidade persoal como ferramenta para conseguir derrotar o virus.

Como sempre a contaminación segue a ser un problema que ameaza con converterse en estrutural e que se agrava coa estabilidade atmosférica e a falta de chuvias.

​

Image by Mohammed Kuraish
bottom of page