top of page

ESTUDO da CONTAMINACIÓN ACÚSTICA no entorno do IES

O martes 21 de decembro o alumnado de 4º ESO C, que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, realizou medicións de sonoridade nas rúas Hospital e Disciplina, ambas as dúas situadas no entorno do instituto.
O obxectivo das medicións é determinar se as rúas situadas nos arredores do instituto teñen niveis de sonoridade causados polo tráfico por riba dos 65 dB (decibelios), nivel considerado pola Organización Mundial da Saúde como límite inferior a partir do cal se considera que hai contaminación acústica.
Para facer as medicións o alumnado empregou o micrófono do teléfono móbil e diversos sensores de casa comerciais.
A actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta "Mobilidade sostible e segura" na que participa o centro educativo, e que ten como finalidade concienciar á comunidade educativa sobre o uso de medios alternativos de transporte seguros e non contaminantes.




35 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo

Sorteo Patinete

O concurso para gañar un patinete xa empezou! Non deixes perder esta oportunidade! Cada día que veñas ao centro nun vehículo sostible (patinete, bici...) poderás cubrir no segundo recreo una papeleta

Novo Aparcadoiro para bicicletas

Xa está instalado o novo aparcadoiro para bicicletas na entrada do Instituto!!! Podes ademáis recargar a túa bici eléctrica se é preciso porque dispón tamén de enchufes!! Anímate a vir nun vehículo so

bottom of page